Top

3º concurso de relatos: aclaración das bases

Atendendo algunhas peticións de concursantes e tendo en conta que o día 30 é sábado e os centros de ensino están pechados, ampliamos o prazo de recepción dos relatos até o 2 de novembro inclusive.

O martes 2 de novembro será o día límite para recibir o relato en cienciaqueconta@uvigo.es.

O comite organizador do 3º Concurso de relatos “Cienciaqueconta 2010″

6 Comments

  • Breixo Says

    O meu relato é de 999 palabras (segundo o Open Office) sen contar o título e o pseudónimo, e vou envialo agora mesmo. Vai ser aceptado ou será descalificado?

  • manel Says

    Ola:
    Escribo desde ribadeo, e nesta vila tivemos festivo tamén o día 2 (como figura no calendario escolar dos centros da zona e co visto e prace do Inspector e da Xunta Territorial). Hoxe un par de alumnos e alumnas entregaron os traballos. ¿Podedes aceptalos dentro do prazo?. grazas e un saúdo

  • Andrea Says

    Xa que se cambiou o prazo, cando se darían os resultados? O mesmo día que tiñan previsto?

  • raquel Says

    fun ver os gañadores e non estan expostos enton cando vas a poñelos ?

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Para especialistas. You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.