Rematou o prazo para enviardes os vosos relatos… E tedes conto dabondo!!
Máis de 250 contos, máis de 250 relatos. Tedes moito conto!
Xa están en mans do noso Xurado, xa están a valorar a súa calidade literaria, a súa compoñente de ciencia.
Agora cómpre agardar! A primeiros de decembro teremos os primeiros resultados.
Moitísimas grazas a todos e todas por participardes!!
Agardamos que desfrutáredes moito investigando, escribindo. Ese ten que ser o principal premio! Agora que se de paso levamos algún outro… Pois non estaría mal, eh!
gustaríame saber se as faltas de ortografía son un moi punto importante.
Gustariame gañar pero de todas as maneiras oaseino de maravilla participando e escribindo