O grupo Divulgatia da Universidade de Vigo e a Fundación Barrié teñen o pracer de convidalo/a á
Gala de entrega de premios do Concurso “Ciencia que Conta” 2014
que terá lugar o 13 de decembro de 2014, a partir das 17 h, na sede da Fundación Barrié, rúa Policarpo Sanz 31, en Vigo.
- 17.00 h – Emisión en directo do programa Efervesciencia da Radio Galega
- 18.00 h – Entrega de premios aos gañadores do Concurso “Ciencia que Conta” 2014
- 18.30 h – Representación de “Neuromaxia” con Luis M. Otero e Miguel A. Gea.
Entrada libre até completar aforo.