Esta é a cita: Museo do Mar de Galiza, en Alcabre (Vigo), nun marco inmellorábel, este domingo 22 de novembro a partir das 12 horas. Este é o programa:
Ás doce: Representación da obra de teatro científico “Ciencia sen palabras“, polo Grupo Roto e Descosido, logo de máis de corenta representacións por toda Galiza e norte de Portugal.
Á unha: Acto de entrega de premios do 2º Concurso de Relatos Ciencia que Conta 2009. Cunha montaxe audiovisual e a música en directo do grupo de Jazz “SoJazz“. Darase lectura á Acta do Xurado e os premiados recollerán os seus diplomas e agasallos. O relato gañador de cada categoría será dramatizado en directo.
A entrada é de balde e estades todos e todas invitados!