Este pasado sábado 15 de decembro a Fundación Barrié acolleu na súa sede de Vigo a Gala de entrega de premios do 5º concurso de relatos curtos “Ciencia que Conta 2012”.
Nunha agarimosa e entretida velada (malia as condicións meteorolóxicas) fíxose a lectura da acta do xurado
durante a emisión en directo do programa da Radio Galega “Efervesciencia” que dirixe Manuel Vicente.
Do primeiro premio de cada categoría fíxose unha lectura dramatizada que podes escoitar e descargar premendo aquí.
E algunhas imaxes do acto e dos premiados…