Top

Acta do Xurado do 2º Cuncurso de Relatos “Ciencia que Conta 2009”

Reunido en Vigo o día 13 de novembro de 2009, o xurado do 2º Concurso de Relatos “Ciencia que conta”, de acordo coas bases da convocatoria e logo de examinar os traballos presentados e ter as deliberacións oportunas emite o seguinte fallo:

  • Categoría Alumnado de Educación Primaria

Outórganse 2 Accésits aos relatos:

1.-“Un invento,  por fin!”

Autora: Maria Lago Bernárdez, C.E.I.P. Ponte Sampaio, Pontevedra

2.- “Un soño do máis extraño”

Autora: Andrea M. García Fernández, C.P.I. Luís Díaz Moreno, Baralla, Lugo

Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:

“Galileo mira o ceo”

Autores: Manuel e Irene González López, C.E.I.P. Escultor Acuña, Vigo

Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:

“O conto do chip”

Autor: Juan José López Pérez, C.P.I.Luís Díaz Moreno, Baralla, Lugo

Por combinar á perfección imaxinación e realidade creando un ambiente acolledor ao lector, outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:

Explorando a Margarita

Autora: Ainhoa Soto Boullosa, C.E.I.P. Ponte Sampaio, Pontevedra

  • Categoría Alumnado de Educación Secundaria obligatoria

Outórganse 2 Accésits aos relatos:

1.-“ De nai a filla”

Autora: Mairea Irisarri Piñera, Colegio Compañia de Maria, Vigo

2.- “Carta a Irene”

Autor: Brais Lamela Gómez,  I.E.S. Basanta Silva, Vilalba

Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:

“Silencio”

Autora: Iria Iglesias, I.E.S. Campo de San Alberto, Noia

Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:

“Viaxe pola ciencia”

Autora: Raquel López-Guerra González, Colexio Miralba, Vigo

Pola imaxinativa alegoría dos galegos que no século XX emigraron a Suíza a través da incorporación dunha galega aos equipos de investigación do C.E.R.N., outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:

Ladrillos diferentes

Autoras: Lucía García Cabanas, María Placer Dalama e Alba Varela Mazás, I.E.S. de Sar, Santiago de Compostela

  • Categoría Alumnado de Bacharelato e Ciclos

Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:

“A fábrica”

Autora: Marta Freire, I.E.S. Campo de San Alberto, Noia


Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:

“O poder da tecnoloxía”

Autora: Adriana Paz, I.E.S. Campo de San Alberto, Noia

Pola redacción sutil e suxerente, polo bo ritmo da historia e o xogo dos tempos roto de súbito polo presente, outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:

Febreiro de 1937

Autor: Paulo Flores Méndez, I.E.S.  Pazo da Mercé, As Neves

  • Categoría Público en Xeral

Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:

“O tempo sen tempo de Galois”

Autor: Xosé Alfredo Naz Fernández

Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:

“A decisión da enóloga”

Autor: José M. Páramo Rodríguez

Por ser un relato delicado que nos achega dun xeito positivo ás dúas caras dunha mesma moeda, outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:

A clarividencia de Marie Curie

Autor: Carlos Balado Sáez de Viteri

O Xurado:

Pablo Carrera López, Olalla González Paz, Mª Concepción Rial Fernández, María Alcañiz Lorenzo, Stefano Chiussi