ACTA REUNIÓN DO XURADO DO 6º CONCURSO DE RELATOS
“CIENCIA QUE CONTA”
Reunido na cidade de Vigo o día 5 de decembro de 2013, o xurado do 6º Concurso de Relatos “Ciencia que conta”, de acordo coas bases da convocatoria e logo de examinar os traballos presentados e ter as deliberacións oportunas emite o seguinte fallo:
Categoría Alumnado de Educación Primaria
Outórganse 2 Accésits aos relatos:
1.-“ Historia dun mexillón ”
Autora: Andrea Castro Parada
Centro: CEIP Escultor Acuña (Vigo)
2.- “A verdadeira historia de carapuchiña”
Autora: Candela Ramos Rey
Centro: CEIP PONTE DOS BROZOS (Arteixo, A Coruña)
Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:
“Os irmáns Wright e o pánico no garaxe ”
Autor: Carlos Seijo Fernández
Centro: CEIP Escultor Acuña (Vigo)
Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:
“A vida no oído”
Autora: Lucía Rey Gómez
Centro: CEIP Escultor Acuña (Vigo)
Primeiro Premio
Valorouse neste texto a eficaz sinxeleza con que a voz narradora dunha nena curiosa e interesada polo saber nos conta unha experiencia científica integrada na súa vida cotiá. Deste xeito, algo tan básico como o xerminar dunha faba serve para ilustrar os fundamentos da experiencia científica.
Outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:
“Experimento: Morris II ”
Autora: María López Gabián
Centro: CEIP Plurilingüe “RÍA DE VIGO” (Vigo)
Categoría Alumnado de Educación Secundaria obrigatoria
Outórganse 2 Accésits aos relatos:
1.-“ O garfo dos Pérez “
Autor: Antón Alexandre Pérez Vázquez
Centro: IES CAMPO SAN ALBERTO (Noia, A Coruña)
2.- “A grandeza de Carolina ”
Autora: Marta López Gabián
Centro: IES “ALEXANDRE BÓVEDA” (Vigo)
Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:
“A curiosidade factor fundamental no progreso humano. Un exemplo prehistórico ”
Autor: Roi Millán Míguez
Centro: IES MONTE CARRASCO (Cangas do Morrazo)
Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:
“A cores do gris ”
Autora: Claudia Rivas Guisande
Centro: IES CHAPELA (Chapela, Redondela)
Primeiro Premio
Valorouse neste texto a orixinalidade do argumento así como a súa claridade expositiva. Mediante a historia dunha familia dedicada á fabricación de sombreiros, a narradora desvélanos que o que semellaba unha maldición hereditaria tiña unha clara explicación científica oculta no proceso de confección dos sombreiros.
Outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:
“O gris das fedoras ”
Autora: Nuria Vilariño Lema
Centro: IES Maximino Romero de Lema (Baio, A Coruña)
Categoría Alumnado de Bacharelato e Ciclos FP
Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:
“A través do espello”
Autor: Adrián De Matos Alonso
Centro: IES A Paralaia (Moaña, Pontevedra)
Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:
“Stella clarissima ”
Autor: Diego Markwalder Gato
Centro: I.E.S Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, Ourense)
Primeiro Premio
Valorouse neste texto a eficaz estratexia narrativa empregada para contar unha historia que sería tópica relatada doutro xeito. As sucesivas voces narradoras, coma pezas dun puzzle, vannos desvelando aos poucos o drama que hai detrás dun mortal accidente de tráfico,
outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:
“O dos ollos bonitos ”
Autora: Lucía Díaz Nicolino
Centro: IES Xesus Taboada Chivite (Verín, Ourense)
Categoría Público en Xeral
Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:
“A viaxe de Wong a través do mundo”
Autor: Noé Ferreira Rodríguez
Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:
“A avoa ”
Autor: Luís Jar Pereira
Primeiro Premio
Valorouse neste texto o hábil ton humorístico que o percorre de principio a fin, así como a simbólica fábula que se nos conta, na que se mesturan materiais propios do costumismo e do realismo fantástico. As pinceladas científicas intégranse con total naturalidade no conxunto do relato.
Outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:
“Crónica dunha ascensión ”
Autor: Óscar García Ramos
O Xurado:
Agustín Fernández Paz Cristina Trillo Yáñez Xose Lois González Vázquez