Reunido na cidade de Vigo o día 5 de decembro de 2014, o xurado do 7º Concurso de Relatos “Ciencia que conta”, de acordo coas bases da convocatoria e logo de examinar os traballos presentados e ter as deliberacións oportunas emite o seguinte fallo:
Categoría Alumnado de Educación Primaria
Outórganse 2 Accésits aos relatos:
1.- “Se me coñeces sigo sendo a mesma ”
Autora: Natalia Santos Allegüe
Centro: CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)
2.-“Unha clase moi rara”
Autor: Marcos Vaamonde Couto
Centro: CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:
“O descubrimento de Leo ”
Autora: Elsa Fernández López
Centro: CEIP de Arzúa (Arzúa)
Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:
“A marabillosa lúa ”
Autora: Carmen Urrutia González-Fierro
Santiago de Compostela
Polo ben traído que aparece o tema científico dentro dunha relación natural e fermosa entre avó e neto, ante algo tan simple e asemade curioso como é o funcionamento dun alambique; tamén pola primixenia relación –moi ben aclarada- entre maxia, alquimia e ciencia; e por último, por unha coidada tensión narrativa, progresiva e cun bo dominio da lingua, diálogos ben sostidos entre os personaxes e unha asombrosa capacidade para levarnos ao terreo do marabilloso sen esquecer principios físicos dos líquidos e alcoholes. Todo sementado de humor e curiosidade: atributos excelentes nun escritor científico. Moito talento ben destilado hai nesta narradora,
outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:
“A maxia do meu avó”
Autora: Lucía Álvarez Puga
Centro: CEIP Escultor Acuña (Vigo)
Categoría Alumnado de Educación Secundaria obrigatoria
Outórganse 2 Accésits aos relatos:
1.- “A gran pregunta da humanidade”
Autora: Laura Fernández Castelo
Centro: IES Rafael Dieste (A Coruña)
2.-“ A Ciencia salva futuros“
Autor: Gabriel Otero Moreira
Centro: A Sangriña (A Guarda)
Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:
“Un gran descubrimento”
Autor: Guillermo Blanco Filgueira
Centro: IES Virxe do Mar (Noia, A Coruña)
Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:
“ Ciencia ou pesadelo? ”
Autores: Irene González López e Manuel González López
Centro: IES Álvaro Cunqueiro (Vigo)
Pola forma enxeniosa de ofrecer un relato biográfico da investigadora Rita Levi-Montalcini, ao personificar a neurona, relacionada coa área da medicina pola cal recebeu un premio Nobel; abordando temas como a influencia da politica de xénero e relixión na presenza das mulleres como investigadoras e docentes universitarias,
outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:
“Os embrions non saben que é sábado”
Autora: Antía Álvarez Pazó
Centro: IES Alexandre Bóveda (Vigo)
Categoría Alumnado de Bacharelato e Ciclos FP
Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:
“Física «cánticua»”
Autora: Alba Castro Veiga
Centro: IES Isaac Díaz Pardo (A Coruña)
Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:
“ Cando as cargas opostas se atraen”
Autora: Elva García Hermida
Centro: IES Pontepedriña (Santiago de Compostela)
Pola súa excelente construción dun pequeno science-thriller tomando como motivo un coñecido paradoxo da física do século XX que ten como protagonista un gato pechado. Dende a elección do nome da oficial protagonista até ás frecuentes choscadelas a termos como «relatividade» ou «superposición cuántica», o autor constrúe un escenario tan paradoxal como o propio título do relato, fía diálogos ben construídos entre personaxes característicos do xénero negro e mantén un pulso narrativo admirable até a «solución» do problema. Unha ben medida dose de ciencia, acción, veleno e… contradicións,
outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:
“O descenso do ascensor paradoxal”
Autor: Álvaro González Leiro
Centro: IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
Categoría Público en Xeral
Outórgase o Terceiro Premio ao relato titulado:
“ Un bo tipo ”
Autora: Celia Durán Abollo
Outórgase o Segundo Premio ao relato titulado:
“ Ela ”
Autor: Adrián de Matos Alonso
Este conto relata episodios da vida de María J. Wonenburger Planells, matemática, falecida no mes de xuño de 2014. A atribución do 1º premio recoñece a forma orixinal de escribir o conto, a través dunha vivencia próxima e a importancia da fotografía como elemento de memoria. Este conto fai ainda referencia ao descoñecemento por parte da sociedade dos seus cientistas e menciona temas con valor histórico do contorno galego como a emigración e nacional como a residencia de estudantes,
outórgase o Primeiro Premio ao relato titulado:
“ Eu e mais ela, as tres ”
Autora: Manuela Campos Agrafojo
O Xurado:
Joana Magalhaes Estíbaliz Espinosa Miguel Anxo Fernández Xosé Carreiro Montero