Top

Atención, atención!

Xa entramos na recta final!

Máis de 150 relatos recibidos! Iso si, moitos e moitas apurando para retocalo até última hora…

Parabéns a todos os escritores e escritoras! Seguro que o esforzo xa de seu vos pagou a pena. E se agora o voso relato fose seleccionado… E se logo fose premiado…

Esta semana resólvese todo. E o sábado 20 ás 16 horas no Museo do Mar de Vigo a entrega de premios. Pero antes, luns ou martes, faranse públicos os relatos seleccionados na primeira fase, para ir abrindo boca.

Estade todos e todas moi moi atentos!!!

6 Comments

  • Jesús Negreira Migueles Says

    Quería saber se o libro dos mellores relatos ( que vin nesta páxina) tamén se publicará este ano. Se é así, poderáse mercar nas librerías, ou haberá que conseguilo doutra maneira? Grazas, e un saúdo.

    • cienciaqueconta Says

      Agardamos poder publicar o libro cos relatos seleccionados. Estate atento á páxina web ou escribe de cando en vez e en canto saia enviámosche un exemplar.

  • vagalume Says

    Os relatos seleccionados son os gañadores definitivos de cada categoría, ou logo hay unha segunda selección?
    esperamos ansiosos!!!

  • manel Says

    Todos e todas temos ilusión por saber quen van ser máis lidos e tmaén por ler o que fixeron e sobre que ou quen. Agardamos as vosas noticias ….

  • daniel rios Says

    Parabéns a todos e todas.

    Onde se publicaran os resultados?
    Nesta páxina?

  • Daniel Says

    Estou impaciente por ver os resultados!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Para especialistas. You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.