O 16 de novembro de 2008 celebrouse no Salón de Actos do Museo do Mar de Galiza en Vigo a entrega de premios do 1º Concurso de Relatos “Ciencia que Conta”.
Ás 12 da mañá comezou o acto coa representación do obra de teatro “Ciencia sen palabras“, pola compañía de teatro Roto e Descosido. Das 13 ás 14 horas emitiuse en directo desde o Salón de Actos o programa da Radio Galega “Efervesciencia“, dirixido por Manuel Vicente. Durante a emisión do programa tivo lugar a lectura da Acta do Xurado e a entrega de premios.
Descarga o programa da obra de teatro “Ciencia sen Palabras”