Agardamosvos ás catro da tarde na sede da Fundación Barrié en Vigo (r/ Policarpo Sanz 31).
Moi puntuais! A radio non espera por ninguén!
Vai ser unha tarde moi intensa! Trae a merenda! Prometemos diversión e sorpresas a varrer.
Estará o noso magnífico xurado: Agustín Fernández Paz, Xosé Lois González O Carrabouxo e Cristina Trillo. Estará a Radio Galega retransmitindo en directo. E estarán pos monologuistas científicos de The BIG VAN Theory, con moito humor.
Tamén sairemos pola tele: en directo estará a retransmitir a UVigoTV (www.tv.uvigo.es), por se non podes desfrutalo ao live ou para ese amigo ou familiar que non lle cadra vir.
Este é o programa aos poucos:
16:00 | Apertura do Acto |
16:05 | Programa “Efervesciencia”de Radio Galega dirixido por Manuel Vicente. Emisión en directo.
Lectura Acta do Xurado Concurso “Ciencia que Conta 2012”. Dramatización dos relatos gañadores en cada categoría. |
17:00 | Entrega premios. |
17:30 | Monólogos Científicos: “The BIG VAN Theory “ |
18:30 | Remate |