Paso que chega!! Recién convocado o 3º concurso, chega o resultado impreso do 2º Concurso de relatos Cienciaqueconta2009: a selección dos mellores relatos de cada categoría que se presentaron ao concurso do 2009. Que boa colleita! Mellorarémola este ano?
Se non conseguiches o libro en papel, podes consultalo ou descargalo aquí en formato pdf.
hola eu son unha alumna dn colexio e vou a facer unha descripcion de un descubrimento ou centifico e eu preguntabame si me podriais esplicar mais ou menos o que hai que facer, grazas:
anonima
Recoméndoche ler os relatos das dúas edicións anteriores, en especial os dos nenos e nenas da túa idade.
E adiante, hai que sentarse e escribir! Pódeslle pedir axuda a algún profesor ou profesora.
Ola, son profe de física e química e parecenme marabillosos os relatos dos concursos; xa os descarguei en pdf pero son unha amante dos libros impresos e preguntábame onde se poden conseguir , hainos en librerías?
Podes conseguilo de balde (até que se acaben) na libraría Andel en Vigo (r/ Pintor Colmeiro). Se non podes ir a Andel, envíanos o teu enderezo e mentres teñamos libros e posibilidades de envialos por correo, farémolo.