Xa nos imos achegando ao remate. Nunhas horas, os relatos seleccionados entre os seleccionados: os premiados, os mellores de entre os mellores relatos de ciencia na nosa lingua neste ano 2010.
E mentres, fagamos sitio a fin de semana para acudir o sábado á tarde ao Museo do Mar de Galiza en Alcabre, Vigo. Ás 16 horas, moi puntuais, que a radio en directo non agarda por ninguén…
ACTO ENTREGA PREMIOS 3º CONCURSO “CIENCIA QUE CONTA 2010”
Día: 20 de novembro de 2010
Lugar: Museo do Mar de Galiza, Avda. Atlántida 160, Vigo
16:00 | Apertura do Acto |
16:05 | Programa “Efervesciencia” de Radio Galega dirixido por Manuel Vicente.
Emisión en directo. Lectura Acta do Xurado Concurso “Ciencia que Conta 2010”. Entrega premios. |
17:00 | Proxección Documental:
“Ciencia no Camiño”
|
17:30 | Representación obra teatro científico:
“Comando Antibiótico contras las bacterias mutantes” |
18:30 | Remate |
Fáiseme imposible a asistencia, pero estou premiado, qué podo facer? podo mandar a outra persoa a que o recolla por min?
Si, manda a alguén no teu nome se che é posíbel. Confírmanolo, por favor.