Top

Ola mundo!


1º Concurso de relatos curtos “Ciencia que conta”

Datas:
30 de outubro: data límite de presentación dos relatos.
16 de novembro: entrega de premios aos gañadores no Museo do Mar de Galicia – Vigo

Actividade: Concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. Non pretenden ser relatos de ciencia ficción nin artigos sobre ciencia. Procurarase, en función da idade, desenvolver un relato curto ou conto a partires dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:

  • Biografías: relatos baseados na vida dalgún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún dos seus descubrimentos, como se lle ocurriu ou elaborou algunha teoría ou lei, etc.
  • Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, algún descubrimento, etc.
  • Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas explotacións da natureza, etc.
  • Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras) , observacións da vida cotiá: na rúa, na cociña, na praia, na festa, etc.

Hai catro categorías: alumnado de primaria, de secundaria, de bacharelato e ciclos, e o público en xeral. Valoraranse especialmente os relatos que inclúan a mulleres como protagonistas ou que se desenvolvan arredor de historias de mulleres.

Descarga aquí as bases do concurso en pdf

logotipos-semanaciencia7

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Para especialistas. You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.