A cousa está que ferve!!!!!!!!!!!
Xa entramos na recta final!
230 relatos recibidos! Parabéns a todos os escritores e escritoras! Seguro que o esforzo xa de seu vos pagou a pena. E se agora o voso relato fose seleccionado… E se logo fose premiado…
Ao xurado sáelle fume polas orellas! As máquinas de ler non paran! Necesitan uns diíñas máis. Haiche moito material!!!!!!
Se non hai novidade, o luns 28 de novembro á noitiña publicaremos aquí os relatos seleccionados. Hai que agardar un chisco… máis!
E a entrega de premios será o sábado 3 de decembro ás 16 horas no Museo do Mar de Vigo. Un bonito acto con moitas sorpresas que vos agardan… Entrada libre para todos os participantes. Pagará a pena!
Estade todos e todas moi moi atentos!!!
Enviádeme cando saen os gañadores do concurso
a que hora poñedes os relatos?
Non e por agoviar pero ton impaciente por que poñades o relato
Por favor, podédesme contestar á unha dúbida que teño;
cando e a que hora saen os relatos gañadores?
Nuns minutos saen os relatos seleccionados na primeira rolda. Mañá ou pasado, os gañadores…