Top

Organizadores / Colaboradores

fe3Grupo Divulgatia

O Grupo DIVULGATIA xurde, ao abeiro do grupo de investigación “Novos Materiais” (FA3) da Universidade de Vigo, como canalizador das inquedanzas dun grupo de profesores de universidade e de ensino medio cara á divulgación da ciencia e da investigación. O obxectivo é achegar os avances científicos e a súa repercusión na nosa vida cotiá a un público pouco familiarizado coa ciencia e a investigación, en particular, aos escolares. Entre as súas actividades de divulgación conta coa elaboración de libros didácticos e divulgativos (“Física en imaxes”, “Caderno do láser”, “Axenda escolar científica”), artigos en prensa e revistas, materiais audiovisuais (“Ciencia no camiño”, “A prótese de Carmiña”, “Ciencia e arte”),  a organización do concurso de relatos “Ciencia que Conta” e a participación nos “Campus científicos de verán”, co dobre obxectivo de fomentar as vocacións científicas entre os escolares e captar talentos con interese pola ciencia e a investigación

Web Grupo FA3 – Universidade Vigo   //   Página Facebook   //   YouTube

 

divulgaccionAsociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DIVULGACCION.ORG)

En abril de 2011 xuntámonos en Santiago de Compostela trinta divulgadores científicos para constituír a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica -nas súas siglas AGC CCT-. Procedíamos de ámbitos tan diversos como a docencia, a investigación, o xornalismo, os museos ou a empresa. As persoas que nos dedicamos a divulgar o coñecemento científico e tecnolóxico eramos conscientes da necesidade de contar cunha asociación que velase polas boas prácticas profesionais, ofertase formación específica, e servise como punto de encontro e de debate entre os seus asociados.

Entre os obxectivos fundacionais da asociación destacan o fomento da divulgación científica rigorosa e de calidade, e a promoción da profesionalización do sector.

www.divulgaccion.org

 

univigoÁrea de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

A área de Normalización Lingüística é un servizo da Universidade de Vigo encamiñado a resolución de:

 

 

  • Consultas lingüísticas e resolución de dúbidas
  • Revisión de todo tipo de documentos
  • Cursos de formación lingüística para funcionariado, profesorado e alumnado da Universidade de Vigo
  • Axudas á edición e revisión lingüística de traballos de investigación en galego
  • Glosarios especializados (economía, informática, comunicación…) a disposición da comunidade en libro, DVD ou na web da ANL
  • Información sobre dicionarios e vocabularios técnicos e terminolóxicos en galego e noutras linguas de traballo da UE
  • etc.

www.anl.uvigo.es