Que ben que ven! Moitas grazas por participardes!
Sodes uns verdadeiros campións da creación! 226 relatos coma 226 soles que alumean os mundos do noso universo literario-científico.
Agora as vosas xoias están nas mans do xurado… Hai choio!
E nuns días, a partir do 3 de decembro avanzaremos os seleccionados logo do primeiro e sempre difícil peneirado.
E reservade xa na vosa axenda, pois ha pagar a pena: 15 de decembro, as 4 da tarde, entrega de premios na sede da Fundación Barrié en Vigo.
Falta moito? xa é o día tres e non puxéchedes quen gañou…
É verdade, pero di “a partir do día 3”. Tiña algo de truco… A ver se hoxe podemos publicar a primeira creba.
Ola! Cando vades poñer os relatos seleccionados?
Grazas.
Están de camiño... Hoxe pola tarde ou mañá.